Este complemento comproba o estado do sistema de audio de Windows cando NVDA se inicia. E, se resulta que o son está silenciado - o complemento forza a súa activación.
Ó mesmo tempo, compróbase o nivel de volume de forma separada para o proceso de NVDA.
O complemento tamén comproba o estado do sintetizador de voz. Se hai problemas coa súa inicialización, realízanse intentos para inicialo, que está especificado nas opcións de NVDA.
Hai unha oportunidade adicional para comprobar a qué dispositivo de son está saíndo NVDA. E, se este dispositivo difire do dispositivo predeterminado, a saída cambia automaticamente ao dispositivo de son instalado no sistema como o principal.
Nota: Se o son de inicio do complemento se reproduce aínda que o volume do NVDA estea activo. Isto significa, que o complemento cambia a saída ó disppositivo principal de son cada vez que inicias NVDA.
Isto ocorre cando o dispositivo de son de saída nas opcións de NVDA difire do dispositivo de son predeterminado ou "Microsoft Sound Mapper".
Isto pódese resolver facilmente dun dos seguintes xeitos:
Para abrir o panel de opcións do complemento, segue estes pasos:
Iso é todo, xa podes utilizar a tecla tab para moverte entre as opcións do complemento.
As seguintes opcións están dispoñibles no diálogo de opcións do complemento:
O primeiro deslizador no diálogo de opcións do complemento permíteche especificar o nivel de volume windows, que se establecerá cando inicies NVDA se o son se silenciase anteriormente ou fose demasiado baixo.
O volume de windows mínimo no cal se aplicará o procedemento de suba de volume. Este deslizador permíteche axustar o nivel de sensibilidade do complemento.
Se o nivel de volume baixa a menos do nivel especificado aquí, o volume incrementarase a próxima vez que inicies NVDA.
Noutro caso, se o nivel de volume permanece máis alto có nivel especificado aquí, cando reinicies NVDA, o seu nivel non mudará.
E, por suposto, se o son estaba previamente desactivado, ao reiniciar o complemento activarao en calquera caso.
A seguinte caixa de verificación permite activar a reinicialización do controlador do sintetizador de voz.
Este procedemento só iniciará se se detecta no inicio de NVDA que o controlador do sintetizador de voz non se inicializou.
Neste campo podes especificar o número de intentos de reinicializar o controlador do sintetizador de voz. Os intentos realízanse ciclicamente cun intervalo de 1 segundo. Un valor de 0 significa que os intentos se realizará indefinidamente ata que se complete o procedemento con éxito.
A opción "Cambiar ao dispositivo predeterminado de saída de audio" permite comprobar ó inicio o dispositivo de son ó que o NVDA está saíndo. E, se este dispositivo difire do dispositivo predeterminado, a saída cambia automaticamente ó dispositivo de son instalado no sistema como o principal.
A seguinte caixa de verificación activa ou desactiva a reprodución do son de inicio cando a operación é exitosa.
O complemento utiliza os seguintes compoñentes de terceiros:
O complemento utiliza un módulo de terceiros Windows Sound Manager.
Poderías clonar este repo para facer alteración a NVDA Unmute.
Pódense instalar con pip: